Onte chegábanos a triste nova do falecemento de Paloma Rodríguez, muller moi apreciada nos ámbitos do feminismo, do ensino e da política, polo seu compromiso cos dereitos humanos e, moi particularmente, coa loita pola igualdade de xéneros.
Na súa longa actividade de servizo público, confirman estes méritos a creación do Centro de Información da Muller en Elviña que ela dirixiu, deixando unha pegada exemplar. Foi tamén Deputada nas Cortes Españolas e na actualidade presidía ALXIVE, desde onde traballaba a prol das vítimas da violencia machista.
Perante o seu pasamento, desde a Institución da Valedora do Pobo, lamentamos a súa perda, lembrando con agradecemento a súa colaboración para abrirmos unha canle de diálogo e contacto directo, como vimos facendo cos colectivos pro dereitos humanos que operan en Galicia. Solidarizámonos coa familia e amizades e quedamos co seu exemplo de traballo incansable pola Xustiza e a Igualdade.
The comments are closed.