O valedor do pobo, José Julio Fernández, entregou hoxe, nun acto institucional celebrado na sede da institución, unha copia da memoria científica de base da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial a Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense e a Juan Carlos Armesto, que acudiu ao acto en representación da presidenta da Deputación de Lugo. A conclusión destes traballos abren unha nova etapa no camino da Ribeira Sacra a ser seleccionada como candidata. Hoxe se iniciou a nova andaina coa sinatura dos tres representantes institucionais da solicitude de declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) ante a Xunta. É condición indispensable que os aspirantes á lista de patrimonio conten coa máxima protección nas súas demarcacións, de ahí esta necesidade.
No acto, o valedor do pobo entegou aos representantes provinciais, a copia da memoria científica de milleiros de páxinas na que se xustifica o valor excepcional universal da rexión. O traballo, que naceu dun compromiso adquirido polas tres entidades hai varios meses mediante a sinatura dun convenio, permite obter o dosier máis detallado existente ata o momento acerca da riqueza da rexión. O caráter multidisciplinar do mesmo, é o que o converte nun documento moi valioso no que se someteron a repaso aspectos propios da xeomorfoloxía da paisaxe, dos seus solos, da vexetación propia, dos aspectos socioeconómicos, do patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico e do patrimonio industrial.
“O valor único excepcional da Ribeira Sacra precisa dun recoñecemento formal” expresou o valedor do pobo, José Julio Fernández, durante a súa intervención. Agora tocará implicar a todos os concellos da zona e á propia población en levar a bo porto esta iniciativa.
The comments are closed.