Os defensores do pobo reunidos en Santiago piden garantir os dereitos e liberdades de todas as persoas no marco do Estado de Dereito

04 Outubro, 2017 Institución, Novas

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017. O Defensor del Pobo de España (en funcións) reunido co Defensor del Pueblo de Andalucía, o Ararteko do País Vasco, o Diputado del Común de Canarias, o Justicia de Aragón, o Procurador del Común de Castilla e León, o Síndic de Greuges da Comunidade Valenciana e a Valedora do Pobo de Galicia, congregados en Santiago de Compostela, con motivo da celebración das XXXII Xornadas de Coordinación, manifestaron hoxe a súa “profunda e seria preocupación e tristeza” pola grave e difícil situación que se está vivindo en Cataluña e no resto de Españane fixeron pública a seguinte comunicación:

Queremos manifestar publicamente nosa profunda e seria preocupación e tristeza pola grave e difícil situación que se está vivindo en Cataluña e no resto de España.

Como defensores dos dereitos humanos cremos oportuno lembrar a necesidade de garantir os dereitos e liberdades de todas as persoas, no marco do Estado de Dereito.

A concordia, a convivencia social e a harmonía son condicións imprescindibles para garantir a paz social en cuxo marco se poderá atopar solución aos problemas.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal