O valedor presenta no Parlamento de Galicia o seu libro “Defensorías del Pueblo en España: una visión prospectiva”

22 Abril, 2015 Institución, Novas

Santiago de Compostela. O valedor do pobo, José Julio Fernández, presentou este 27 de abril no Parlamento de Galicia o seu libro “Defensorías del Pueblo en España: una visión prospectiva”. O acto tivo lugar na sala de recepcións do Pazo do Hórreo e estivo presidido pola presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo.

A propia presidenta abriu o turno de intervencións para dar paso, ao letrado maior da Cámara, Xosé Antón Sarmiento e ao catedrático de Dereito Constitucional da USC, Roberto L. Blanco Valdés que introduciron o tema. O autor tomou a palabra para presentar o contido do manual e apuntar, entre outras ideas, a relevancia dos ombudsman na tarefa de impulsar unha auténtica cultura dos dereitos entre a poboación.

O libro forma parte da colección de cadernos “Democracia y Derechos Humanos” que edita a Universidad de Alcalá en colaboración coa institución del Defensor del Pueblo. No mesmo abórdanse diversos dos ombudsman en España que permiten construír unha análise prospectiva detas institucións. A mirada céntrase no presente e futuro das defensorías. “Estamos convencidos de que este tipo de órganos desempeña unha función que mellora a calidade democrática da sociedade”, explica José Julio Fernández na propia introducción na que destaca como valores destas institucións o seu firme compromiso coa independencia e autonomía.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal