O valedor lamenta que aínda sigan existindo casos de discriminación por motivos de etnia

08 Abril, 2015 Exclusión social, Institución, Novas

O valedor do pobo, José Julio Fernández, presidiu hoxe un acto institucional organizado na sede da defensoría con motivo da conmemoración este 8 de abril do Día mundial do pobo xitano. Durante o mesmo respresentantes da Fundación Secretariado Gitano deron a coñecer os resultados do seu informe Discriminación y comunidad gitana 2014. Para o defensor galego resulta inaudito que aínda a día de hoxe se estean a producir situacións de discriminación por razóns de etnia.

Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, a Fundación Secretariado Gitano presentou o seu informe anual. No ano no que se cumpre o décimo aniversario da publicación, os seus responsables elixiron que fora a sede do Valedor o escenario do acto. Ao mesmo acudiron deputados dos grupos parlamentarios así como os representantes das principais organizacións que traballan pola inclusión social na comunidade, tales como Cáritas, ONCE, A fundación, etc.

O Informe 2014 recolle 151 casos de discriminación que o longo de 2013 sufriron persoas de etnia xitana nos eidos do emprego, a vivenda, os medios de comunicación e o acceso a bens e servizos, ademais dunha análise detallada dos casos de ataques a vivendas que tiveron lugar no ano 2014 en Castellar e Estepa (Andalucía). O documento referencia ademais trinta casos que afectaron a persoas que viven na nosa comunidade.

Ao coñecer os resultados do informe, o Valedor do Pobo lamentou que aínda a día de hoxe existan casos de discriminación por motivos de etnia e amosou o seu desexo de reforzar desde os poderes públicos a defensa dos dereitos humanos destas persoas.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal