Unha das xuntanzas mantidas cos representantes das asociacións co valedor

O valedor entrega mañá á presidenta do Parlamento de Galicia o seu informe extraordinario sobre persoas LGBTI

21 Xullo, 2015 Dereitos, Novas, Sexualidade

O valedor do pobo, José Julio Fernández Rodríguez, entregará este mércores 22 de xullo á presidenta do Parlamento de Galicia, o Informe Extraordinario A situación das persoas lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais de Galicia. Unha análise desde o punto de vista do tecido asociativo. O acto de entrega celebrarase ás 11.00 horas no Pazo do Hórreo. Con posterioridade, ás 12.00 horas, o titular da defensoría presidirá unha rolda de prensa na súa sede na que dará conta aos medios de comunicación dos contenidos máis salientables do documento.

Este primeiro informe extraordinario sobre a situación das persoas que integran a comunidade LGBTI en Galicia é consecuencia da serie de encontros mantidos nos últimos meses polo Valedor do Pobo con representantes das principais entidades representativas do colectivo. A esta primeira aproximación á súa realidade, sucederán novos traballos no marco das competencias que a lei galega de non discriminación atribúe ao alto comisionado parlamentario, na defensa dos dereitos das persoas.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal