O valedor do pobo preside unha xuntanza de coordinación de defensores en Santiago

02 Xuño, 2015 Institución, Novas

O valedor do pobo, José Julio Fernández, preside hoxe en Santiago unha reunión de traballo de todos os defensores españois. Os titulares das defensorías do País Vasco, Cataluña, Andalucía, Castela León, Navarra, Canarias e adxuntos do Defensor del Pueblo, do Síndic de Valencia e representantes do Justicia de Aragón participan no Parlamento de Galicia desde esta mañá nunha xuntanza ordinaria de coordinación.

A primeira hora os defensores foron recibidos pola presidenta do Parlamento de Galicia. Durante a xornada de hoxe tratarán asuntos relacionados coa actividade ordinaria das institucións, buscando, como resulta habitual, canles de cooperación na resolución das queixas e abordaxe de problemas idénticos que plantexa a cidadanía.

A reunión de titulares coincide coa celebración na sede do Valedor do Pobo dun taller con persoal técnico de todas as defensorías onde se somete a repaso o dereito constitucional a unha vivenda e, maís polo miúdo, se avalían as actuais políticas públicas de vivenda.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal