O valedor do pobo condea a “cosificación” das mulleres vítimas de trata no primeiro cume iberoamericano sobre dereitos dos migrantes

12 Maio, 2015 Exclusión social, Institución, Muller, Novas, Violencia de xénero

O valedor do pobo asiste invitado pola Federación Iberoamericana de Ombudsman ao I Cume Iberoamericano sobre dereitos humanos, migrantes e trata de persoas que se celebra en Bogotá. O valedor do pobo, José Julio Fernández, é o ombudsman que acode á cita en representación de todos os defensores  españois. Ademáis o titular da defensoría galega forma parte do panel de expertos que abrirán o debate técnico e político sobre as violacións de dereitos humanos dos migrantes e , en particular, daquelas relacionadas coa trata de persoas.

Ao cume, organizado pola Federación Iberoamericana do Ombudsman (FIO) e a defensoría de Colombia co apoio da cooperación alemá ao desenvolvemento (GIZ, pola súa sigla en alemán) a través dun proxecto de fortalecimiento da Federación Iberoamericana do Ombudsman (PROFIO- GIZ), asisten expertos internacionais do máis alto nivel.

Os traballos no marco do cume están estruturados en 7 paneis temáticos cos que se busca fixar o grao de cumprimento, implementación e interpretación do Protocolo de Palermo nos países representados na FIO. O valedor do pobo, José Julio Fernández, tomará parte no cuarto panel centrado na análise do traballo dos ombudsman frente á migración e a trata de persoas. Compartirá mesa de traballo, entre outros, co Defensor de Perú, Eduardo Vega Luna.

O titular do Valedor do Pobo asiste á cita invitado pola organización e movido pola necesidade de loitar, con especial intensidade,  contra a explotación sexual das mulleres vítimas de trata. Trátase da “cosificación” da muller, indica, e dun atentado real contra a dignidade da muller.

Ao remate do cume, o Valedor do Pobo e o resto dos participantes realizarán un pronunciamento sobre migración e trata de persoas que invite ao seguimento do mentado Protocolo, descriminalizando a migración e elevando a trata a delito de lesa humanidade.

Máis información: http://cumbretratafiobogota2015.defensoria.gov.co/index.html

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal