O valedor do pobo clausurou as xornadas “Xuventude e Violencia na Historia”

14 Outubro, 2014 Exclusión social, Institución, Muller, Novas, Violencia de xénero

clausuraSantiago de Compostela, 14 de outubro de 2014. O valedor do pobo, José Julio Fernández Rodríguez,  clausurou hoxe en Santiago as xornadas Xuventude e Violencia na Historia celebradas no marco do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia. As xornadas, impulsadas polo Grupo Informal Xóvenes Historiadores de Galicia consistiron nun debate aberto ao público sobre as relacións históricas entre xuventude e violencia. Dous membros do grupo ( Luis Velasco e Ainhoa Segura) participaron no encontro cos seus relatorios, ademais dos investigadores da Universidade de Santiago,  da Universidade de A Coruña,  da Xunta de Galicia e da UNAM de México.

O carácter interdisciplinar destas xornadas, con contribucións provintes da historia, a antropoloxía, a politoloxía, a didáctica e a economía, contribuiron a profundizar no debate sobre as relacións entre a violencia e a xuventude dende a época antiga ata a actualidade, aproximando ao público asistente á realidade das profundas relacións entre xuventude e violencia.

Este evento foi apoiado polo Valedor do Pobo moi receptivo ás iniciativas que pretenden someter a análise a violencia de calqueira forma e o Centro de Estudos en Seguridade (CESEG) da Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información: https://violenciaexuventude.wordpress.com

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal