O Valedor do Pobo avoga pola non discriminación na semana das persoas LGBTI

22 Xuño, 2015 Dereitos, Institución, Novas

O Valedor do Pobo lembra esta semana o 46 aniversario dos disturbios de Stonewall (Estados Unidos),  que supuxeron o inicio do movemento de liberación homosexual, cunha mensaxe pola non discriminación das persoas lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais de Galicia. Con este motivo emprende unha campaña de divulgación dos seus dereitos por medio das plataformas dixitais e redes sociais e apoia a axenda de actos convocada polas organizacións radicadas na nosa comunidade ao longo da semana.

Unha representación da institución asistirá aos actos convocados en Santiago na denominada I Semana #queerpostela. O Valedor do Pobo, ademais, continúa cos contactos coas principais entidades que representan a persoas que loitan pola non discriminación pola súa identidade sexual, co obxecto de concluír un informe extraordinario no que se traballa arreo co obxecto de visibilizar os seus problemas e divulgar os seus dereitos entre a sociedade.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal