O Valedor do Pobo asina un convenio de colaboración coa EGAP para desenvolver actividades formativas e de divulgación

19 Xuño, 2015 Institución, Novas

O Valedor do Pobo e a Escola Galega de Administración Pública asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

O documento permite que ambas as dúas institucións estean máis próximas e fixa as pautas para cooperar en cuestións de interese común. Grazas a este acordo ademais o persoal dependente do alto comisionado parlamentario poderá participar nas actividades programadas pola EGAP e colaborar no desenvolvemento de accións conxuntas de xeito máis eficiente en beneficio da cidadanía.

Coa sinatura do convenio, o Valedor do Pobo senta ademais as bases para promover a realización conxunta de cursos e xornadas coa EGAP, edición compartida de publicacións e desenvolvemento de proxectos de investigación, entre outras iniciativas.

Todos os detalles do convenio, ao seu dispor na seguinte ligazón: https://www.valedordopobo.gal/wp-content/uploads/2015/06/convenio_egap.pdf

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal