Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015. O Valedor do Pobo ven de completar a reorganización dos contidos na súa nova páxina web e estrea sección propia de transparencia para cumprir co seu compromiso de dar a coñecer ao cidadán información relevante sobre a institución. Este apartado reúne información “transparente” que ata o momento se atopaba dispersa ao longo do portal e a concentra, xunto con novos datos, baixo unha sección propia que publicita a estructura, organización e aspectos económicos relacionados co funcionamento do alto comisionado parlamentario.
O Valedor do Pobo reforza unha vez máis o seu compromiso para coa cidadanía, obxectivo que xa acadou coa posta en marcha da súa nova web hai máis dun mes, que está totalmente focalizada a ofrecer servizos ás persoas. De feito, desde a posta en marcha do novo portal ao que se pode acceder por medio dos dominios www.valedordopobo.gal e www.valedordopobo.gal incrementáronse as entradas de queixas e as consultas recibidas por medio das ferramentas e formularios ofrecidos.
The comments are closed.