O valedor colabora na edición dun libro sobre xuventude e violencia na historia

30 Xullo, 2015 Institución, Novas

O Valedor do Pobo vén de colaborar na edición dunha obra de caráter interdisciplinar na que seis investigadores indagan nas relacións entre xuventude e violencia ao longo da historia. O traballo foi posible grazas a unha acción da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Os autores de Xuventude e violencia na historia. Do mundo antigo ao mundo actual, realizan as súas achegas desde o campo da historia, a antropoloxía, a didáctica, a economía e a ciencia política. Luis Velasco, investigador do Centro Mixto de Estudos de Seguridade (CESEG) da Universidade de Santiago (USC) e do grupo HISPONA,  foi o responsable de coordinar a publicación. Na mesma faise unha lectura do fenómeno violento entre a xuventude desde unha perspectiva poliédrica que lle outorga unha visión macro histórica.

A publicación xurdiu da celebración de debates en torno a estas cuestións xurdidos nos seminarios de historia de violencia no seo do centro de investigación CESEG da USC.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal