O Informe Ordinario 2015 da valedora do pobo inicia este luns a súa tramitación no Parlamento de Galicia

23 Xuño, 2016 Institución, Novas

A valedora do pobo. Milagros Otero Parga, entrega este luns 27 de xuño (10 horas) ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o seu Informe Ordinario correspondente á actividade despregada pola institución no ano 2015. O documento inicia deste modo a súa andaina parlamentaria que continuará o próximo 4 de xullo coa comparecencia da valedora ante a Comisión de Peticións, e concluirá o 12 do mesmo mes coa exposición do seu contido a cargo da alta comisionada da Cámara ante os deputados en sesión plenaria.

O Informe Ordinario da institución do Valedor do Pobo recolle os resultados das accións de atención á cidadanía desenvolvidas pola oficina durante o exercicio pasado. Ao longo de máis de 1.000 páxinas estráctase o contido máis salientable das queixas e se reproducen as recomendacións e suxestións emanadas da valedoría e remitidas ás diferentes administracións. Tras a entrega do documento ao presidente do Parlamento de Galicia e o correspondente rexistro do mesmo na Cámara, a valedora exporá ante os medios de comunicación os principais resultados da xestión que, neste caso, só comprendeu 4 mesmes de efectiva supervisión da actual titular, ao se ter incorporado á defensoría o pasado 2 de setembro.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal