O Informe Anual 2021 da Valedora do Pobo rexistra un aumento expoñencial na actividade cun incremento de máis da metade nas actuacións, un aumento do 34% nos asuntos e duplicáronse os expedientes. As áreas con máis traballo foron Sanidade, Emprego Público, Corporacións Locais e Inclusión Social.

20 Xuño, 2022 actualidade, Novas, Novas

A Valedora do Pobo destaca o incremento da actividade da institución cunha evolución á alza que, máis alá da COVID, ten un compoñente de carácter estrutural.

Esta evolución queda confirmada cos seguintes datos:

–     As actuacións aumentaron de forma considerable. De 12.913 en 2020 pasamos a 19.544 neste ano. Son 6.631 actuacións máis que supoñen un incremento de máis da metade, dato especialmente relevante se temos en conta que xa no 2020 aumentaran as actuacións un 10% respecto a 2019.

–     Os asuntos tamén aumentaron considerablemente ata chegar a un 34%, pois de 2.912 no 2020 pasouse a 3.936 no 2021. Hai que valorar, tamén, que este incremento se suma ó 28% que xa houbo no 2020 respecto ao 2019, cando de 2.276 pasou a 2.912.

–     O número de expedientes duplicouse ao pasar de 5.387 no 2020 a 10.736 no 2021.

–     Tamén aumentaron as actuacións de oficio, pasando das 78 do 2020 ás 103 do 2021. Pero xa no 2020 aumentara un 16% cando se pasou das 67 de 2019 a 78.

–     As consellerías con máis asuntos foron Sanidade: o 41,97% do total; Cultura, Educación e Universidade, cun 21,99% do total; e Política Social  que supuxo un 11,11%.

–     As áreas da institución con máis actividade foron Sanidade, cun 22,18 %); Emprego Público e Traballo, cun 10,72 %; Corporacións Locais e Servizos Municipais, cun 10,56 %; e Inclusión Social, cun 7,45 %.

A entrega do informe ao Presidente do Parlamento tivo lugar esta mesma mañá e o procedemento continuará coa comparecencia da Valedora na Comisión de Peticións ante as voceiras e voceiros dos grupos parlamentarios o vindeiro día 30, e rematará coa súa comparecencia ante o Pleno da cámara o  12 de xullo.

Info 2021: Ligazón

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal