O conselleiro de Facenda e Administración Pública nomeou, por Resolución do 28 de marzo de 2022 a Santiago González Serrano, vogal do Comité de Ética da Xunta de Galicia.
O Comité de Ética da Xunta de Galicia é un órgano independente previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia (aprobado o 10 de decembro de 2021), que ten como funcións as de reforzar e impulsar as previsións e supervisión do Código ético institucional e o asesoramento no cumprimento da política de integridade, e en especial no tratamento de denuncias por irregularidades.
Santiago González Serrano é licenciado en dereito e en ciencias políticas e da Administración, e é funcionario da Xunta de Galicia dende o ano 1993, e funcionario do Parlamento de Galicia, ocupando na actualidade o posto de Xefe do Servizo II na Institución do Valedor do Pobo, e o posto de secretario da Comisión da Transparencia de Galicia.
Dende esta Institución, desexamos ao Comité de Ética da Xunta de Galicia, o maior dos éxitos nas funcións que ten encomendadas
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022.
The comments are closed.