No pasamento da deputada autonómica, Isaura Abelairas.

03 Xuño, 2021 actualidade, Novas, Novas

A tristeza polo pasamento da deputada autonómica, Isaura Abelairas Rodríguez, chega tamén a esta institución. Foi voceira do Grupo Socialista na última comparecencia da Valedora do Pobo ante a Comisión de Peticións do Parlamento Galego para a presentación do informe anual. Sen excepcións, esta institución agradeceu sinceramente o debate positivo das voceiras e voceiro que nel participaron, por sereno e construtivo, sabedores de  que, en puridade democrática, as ideas, non sempre coincidentes en política, poden ter un punto de encontro na defensa dos dereitos humanos.

 

Ese foi o caso que nos tocou vivir e hoxe lembramos con afecto e gratitude, a Sra. Abelairas, muller comprometida e de traxectoria firme en todo o que tivo a ver con estes dereitos fundamentais. Alén diso, compre recoñecer a súa propia figura como ser humano que deixa unha forte pegada en quen a coñeceron.

 

Desde a Valedora do Pobo, sumámonos ao loito oficial decretado polo Parlamento de Galicia e o Concello de Vigo, damos o noso sentido pésame a súa familia e amizades.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal