“Non é amor. Identificao”, lema da campaña desplegada polo Valedor este 25-N

25 Novembro, 2014 Dereitos, Internet, Menores, Muller, Novas, Violencia de xénero, Violencia de xénero

O alto comisionado parlamentario desplegou unha campaña destinada a concienciar ás mulleres máis novas de que tamén poden ser víctimas de violencia por medio das novas tecnoloxías.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2014. Fai máis dunha semana que o Valedor do Pobo iniciou a súa campaña de sensibilización ante a irrupción das novas tecnoloxías como novo instrumento de exercer a violencia contra a muller. Con motivo da conmemoración hoxe do día internacional contra a violencia de xénero, autobuses das principais cidades de Galicia circulan cunha mensaxe para concienciar sobre as novas formas de exercer o maltrato contra a muller.

Baixo o lema Non é amor, identifícao os autobuses incorporan nunha traseira integral a imaxe sobre fondo blanco dunha adolescente á que lle chegan mensaxes de Whatsapp como “fas máis caso ás túas amigas q a mín”, “conectada a estas horas …, “e xlo teu ben, eles non t queren como eu” entre outras. A idea da iniciativa consiste en concienciar sobre todo á poboación máis nova de que o exceso de control da parexa, por medio das aplicacións de mensaxería, non deixa de ser outra forma de exercer acoso e violencia contra a muller.

O recente estudo Mocidade on line realizado polo Valedor do Pobo entre máis de 44.000 adolescentes evidencia que o uso de Internet entre a xuventude galega é un fenómeno absolutamente xeralizado. Como conclusión dese traballo estadístico os expertos recomendaron incidir en campañas de concienciación entre a poboación máis nova ao respecto do uso adecuado destas ferramentas. De aí que o Valedor emprenda a campaña nos autobuses urbanos.

 

——————–

 

En Twitter: A nosa campaña neste #25N Non é amor. Identifícao. #ViolenciaDeGenero pic.twitter.com/YMMlkCcfch

— Valedor do Pobo (@Valedordopobo) noviembre 25, 2014

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal