Coñecemos onte o falecemento do comisario José Luis Balseiro Vigo, xefe superior da Policía Nacional en Galicia.
Na súa longa actividade como servidor público, en distintos postos, destacar o seu traballo a fronte do inicio do SAF (Servicio de Atención a Familia) impulsando a protección das vítimas de violencia sobre a muller e dos seus fillos e fillas, servicio que hoxe é un referente.
Dende a Institución da Valedora do Pobo, lamentamos a súa perda, agradecendo o seu traballo a fronte deste corpo en Galicia.. Solidarizámonos coa familia, amizades, compañeiras e compañeiros do Corpo Nacional da Policía e quedamos co seu exemplo como persoa.
The comments are closed.