Milagros Otero toma posesión como valedora do pobo

02 Setembro, 2015 Institución, Novas

Milagros Otero Parga tomou posesión hoxe nun acto institucional celebrado ás 11 horas no Pazo do Hórreo. Ante a presenza do presidente da Xunta de Galicia, a presidenta do Parlamento, e os principais representantes das administracións públicas galegas, a compostelá xurou o seu cargo que, segundo afirmou, afronta con “ilusión, responsabilidade e humildade”.

A nova valedora é a primeira muller que ocupa este posto desde o nacemento da institución hai trinta anos. Durante a súa intervención apelou á responsabilidade que supón a nova andaina e convidou a todas as galegas e galegos a dirixirlle as súas queixas que serán atendidas con rigurosidade e interese. Segundo o seu criterio, a defensoría “non é prescindible” e a súa rendibilidade só se pode medir en termos de xustiza, dignidade e paz.

Coñece á nova valedora do pobo aquí: https://www.valedordopobo.gal/o-valedor-do-pobo/

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal