Milagros Otero faise un “selfie” pola parálise cerebral no seu Día Mundial

07 Outubro, 2015 Dereitos, Discapacidade, Novas

A valedora do pobo, Milagros Otero, publicou hoxe por medio das redes sociais un “selfie” en apoio ás persoas con parálise cerebral. Atende deste xeito á petición expresa cursada pola Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) o pasado 25 de setembro e se adhire á campaña promovida con motivo da conmemoración, hoxe, do Día Mundial da Parálise Cerebral.

A iniciativa consistía en facerse un retrato cunha pulseira conmemorativa da data. E así o fai a valedora no seu “selfie” no que porta a cinta na súa man dereita.

Para o colectivo resulta importante que persoas relevantes do eido institucional contribúan a darlles voz. Parte importante da iniciativa garda relación coa promoción dos dereitos dos cidadáns e cidadás que teñen parálise cerebral. A institución do valedor do pobo leva anos atendendo as súas demandas polo que non dubidou en prestar o seu apoio a esta campaña.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal