Recibimos a queixa de máis de 11.000 persoas na defensa da fraga de Casas Vellas en Lalín

24 Febreiro, 2015 Medioambiente, Novas

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2015. O Valedor do Pobo recibiu onte máis de 11.000 sinaturas de persoas que defenden a fraga de Casas Vellas, en Catasós (Lalín),  afectada polo paso dunha liña de alta tensión de Unión Fenosa. Os asinantes defenden que se manteña alonxada de talas este enclave natural que está afectado polo traxado da liña de alta tensión O Irixo-Lalín.

A entrega das firmas permitiu ao Valedor falar cos representantes desta plataforma que defende a modificación do trazado da liña fixando como alternativa a estrada nacional 525.

Os escritos pasarán agora ao rexistro do Valedor do Pobo que manterá informados aos interesados en todo momento acerca das xestións realizadas e os trámites acometidos.

A defensa da contorna e medio natural de Galicia é unha tarefa na que o Valedor leva anos despregando a súa actividade. De feito a área de medio ambiente da defensoría tramita cada ano un importante número de reclamacións acerca da preservación de diferentes ecosistemas.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal