A Federacion Galega de Familias Numerosas reclama ante o Valedor “trato igualitario” nas políticas públicas

12 Novembro, 2014 Dereitos, Exclusión social, Institución, Novas, Transparencia

O Valedor do Pobo reuniuse esta mañá con representantes da federación no primeiro encontro institucional con este colectivo.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014. O Valedor do Pobo recibiu aos representantes da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) Luis Sánchez e José Manuel Trigo, para tratar os temas que actualmente máis preocupan a este colectivo,  dada a importancia da familia como piar fundamental da nosa sociedade. O encontro, o primeiro que mantén o actual titular da institución cos representantes da entidade, permitiu coñecer de primeira man parte dos problemas destas familias que, tal e como manifestaron ao alto comisionado parlamentario demandan un trato “igualitario” no desenvolvemento das políticas públicas.

“Por lóxica humana, as familias numerosas teñen necesidades específicas” explicou o titular da institución aos representantes de Agafan, quen mostrou o total apoio do Valedor do Pobo ás persoas con necesidades. Deste xeito puido escoitar as demandas dos representantes da asociación centradas en especial na denuncia do trato desigualitario destas familias no desenvolvemento de políticas sociais e de apoio económico aos cidadáns.

En concreto o colectivo de familias numerosas amosouse especialmente crítico co desenvolvemento de liñas de axuda baseadas no IPREM como baremo, o que as deixa fora a todos os efectos. Defenden que se tomen en conta criterios de renda per cápita á hora de ofrecer prestacións por libros de texto ou penalizar os consumos excesivos de auga, entre outros aspectos.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal