O Valedor do Pobo celebrou o pasado 21 de novembro no Parlamento de Galicia a xornada “A incidencia nos menores da violencia no entorno familiar” que agora poden visualizar íntegra en vídeo.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2014. O Valedor do Pobo organizou o pasado 21 de novembro, no Parlamento de Galicia (Salón dos Reis), a Xornada Formativa A incidencia nos menores da violencia no contorno familiar convocada pola defensoría en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia) e o Parlamento de Galicia, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O acto, que formou parte do conxunto de actuacións desplegadas pola área de muller do Valedor cada ano por estas datas co obxectivo de recordar a necesidade de reforzar as políticas de protección das mulleres víctimas dalgún tipo de violencia, pode seguirse íntegro agora por medio da web do Parlamento de Galicia a través do seguiente enlace: Ver vídeo.
The comments are closed.