Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2016. A institución do Valedor do Pobo iniciou  tramitación das primeiras queixas que os veciños de O Barco de Valdeorras lle achegaron no pasado 20 de decembro con motivo do encontro celebrado na casa do concello ourensÔn.
Con data do pasado 22 de decembro, a valedora do pobo, Milagros Otero Parga, dirixiu unha carta aos reponsables de ADIF Galicia para interesarse polas condicións de accesibilidade da estación de ferrocarril da localidade. Colectivos de persoas con mobilidade reducida achegaron Ć” valedora do pobo as serias dificultades coas que se atopan neste recinto e que, en ocasións, lles obriga a empregar o transporte pĆŗblico desde localidades próximas como Monforte ou Ponferrada ante a imposibilidade de superar as barreiras arquitectónicas existentes. Segundo informes elaborados pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a estación de O Barco carece de requisitos mĆnimos de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, discapacidade auditiva, visual ou intelectual. Unha das principais demandas dos veciƱos de O Barco pasa pola disposición dunha rampla elevadora que lles permita a entrada no tren.
Outra das peticións de os barquenses no encontro celebrado hai unha semana referiuse Ć” construcción dun pavillón deportivo no centro escolarĀ Julio GurriarĆ”n, o mĆ”is antiguo da localidade. O centro carece de recinto deportivo e as clases de Educación FĆsica teƱen lugar no salón de actos, nunha aula reducida de usos mĆŗltiples ou nun pavillón municipal ao que se ten que desprazar o alumnado. A comunidade educativa considera necesaria unha instalación deste tipo no centro para garantir a seguridade e promover a actividade fĆsica entre os escolares.Ā O Valedor do Pobo xa rexistrou esta queixa e iniciarĆ” de inmediato as actuacións correspondentes.
A valedora do pobo tamĆ©n tomou nota de outras problemĆ”ticas que lle achegaron as personas na xuntanza de Valdeorras tales comoĀ a situación de familias vĆtimas de pobreza enerxĆ©tica, dificultades para os pensionistas retornados ou talas indiscriminadas de Ć”rbores. Todas elas estĆ”n a ser obxecto de estudo tĆ©cnico para acometer as actuacións que se consideren oportunas.
The comments are closed.