O Valedor do Pobo organiza hoxe e mañá na Escola Galega de Administración Pública unha actividade formativa para analizar o compromiso das administracións galegas para as políticas de transparencia e bo goberno.
Datas: 13 e 14 de novembro
Horario: día 13 mañá e tarde, día 14 mañá
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
Descarga de programa íntegro:
https://www.valedordopobo.gal?o=downloads&i=593&t=document
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014. O Valedor do Pobo organiza hoxe e mañá na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago o curso Transparencia, goberno aberto e administración pública co obxecto de avanzar na análise da normativa que compromete ás administracións públicas a abrirse á cidadanía, a respetar o seu dereito á información e a ser máis transparentes. A iniciativa somete a repaso as esixencias que os poderes públicos da comunidade deberán asumir neste marco coa presenza de representantes do mundo académico, das administracións e incluso de colectivos cidadáns e medios de comunicación. O valedor considera imprescindible o desenvolvemento do principio de bo goberno como elemento indispensable para avanzar na calidade democrática.
A inauguración contará coa asistencia dos tres representantes dos órganos supervisores da actividade da administración autonómica. A José Julio Fernández, valedor do pobo, acompañarano na mesa o conselleiro maior de contas, Xesús Palmou e o novo presidente do Consello Consultivo de Galicia, José Luis Costa Pillado.
A ponencia inicial correrá a cargo do propio valedor, quen disertará durante media hora sobre Quen debe controlar a transparencia. Entre outros asuntos, as xornadas permitirán afondar na utilidade das políticas de transparencia, na experiencia desenvolta ao respecto por outras comunidades, nos retos pendentes da boa administración e no acceso de cidadáns e medios de comunicación á información pública.
Durante a segunda sesión, o día 14, unha xurista do Ombudsman europeo relatará a aplicación do principio de transparencia nas institucións europeas. O letrado maior do Parlamento de Galicia afondará na implementación destes principios na cámara.
The comments are closed.