O titular da institución mantivo unha reunión con representantes da Plataforma contra a Autopista A-76, proxectada polo Ministerio de Fomento, e que prevé atravesar este enclave.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014. O valedor do pobo, José Julio Fernández, recibiu esta tarde na sede da Institución a tres representantes da Plataforma contra a Autopista A-76 pola Ribera Sacra na que lle transmitiron a súa preocupación polo impacto do trazado proxectado desa infraestructura nunha significativa zona dese territorio e nos seus habitantes. Os representantes da plataforma informaron da situación xurídica do proxecto impulsado polo Ministerio de Fomento, pendente nestes momentos dun recurso contencioso-administrativo e de unha denuncia ante a Comisión Europea.
O alto comisionado parlamentario comprometeuse, pola súa parte, a facilitar toda a documentación aportada ao equipo multidisciplinar de expertos que traballa, baixo a dirección do Valedor, na redacción dos informes técnicos sobre os cales se desenvolverán os expedientes de declaración de BIC do territorio delimitado e da candidatura ante a UNESCO, para que a sometan a avaliación.
Segundo se manifestou na reunión, a alternativa proposta resulta incompatible no seu trazado coa obligación de preservación da paisaxe da Ribera Sacra que está na base da candidatura a ser declarada Patrimonio da Humanidade. Neste senso, o Valedor transmitiulles o seu apoio e firme compromiso da institución coa protección deste territorio de acusada especificidade e valor e coa poboación que foi quen de ocupar, remodelar e conservar ese espazo ao longo da historia ata os nosos días.
The comments are closed.