Esta actividade vai destinada aos empregados das Administracións públicas de Galicia, ao persoal ao servizo da Administración institucional e a interesados en xeral.
Datas: 13 e 14 de novembro
Horario: día 13 mañá e tarde, día 14 mañá
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
Inscrición: en http://egap.xunta.es/matricula ata o 12 de novembro ás 12 horas
Descarga de programa íntegro:https://www.valedordopobo.gal?o=downloads&i=593&t=document
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014. O Valedor do Pobo organiza os próximos 13 e 14 de novembro na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago o curso Transparencia, goberno aberto e administración pública co obxecto de avanzar na análise da normativa que compromete ás administracións públicas a abrirse á cidadanía, a respetar o seu dereito á información e a ser máis transparentes. O titular da institución, José Julio Fernández Rodríguez, considera necesaria esta profunda reflexión xa que, asevera “non é posible unha auténtica democracia sen uns altos niveis de transparencia”.
Durante dúas sesións, os días 13 e 14 de novembro, expertos galegos, de outras comunidades e representantes da Unión Europea someterán a repaso os novos compromisos que deben asumir os poderes públicos nos próximos meses en canto a bo goberno. A inauguración (o día 13 ás 10 horas) contará coa presenza do Valedor do Pobo, así como dos titulares do Consello de Contas e Consello Consultivo, o que evidencia o firme compromiso das altas institucións de control autonómicas co desenvolvemento do principio de transparencia en Galicia.
Elemento indispensable
“Trátase dunha decidida aposta pola calidade democrática”, afirma o Valedor, José Julio Fernández, quen engade que a transparencia no sector público converteuse nun “elemento indispensable” para a calidade democrática, de aí que sexa preciso someter a repaso o dereito de acceso á información pública por parte da cidadanía, o necesario uso das tecnoloxías neste proceso e as vías de control da aplicación da normativa de transparencia. “A transparencia esixe unha actitude xeral de apertura das entidades públicas á cidadanía, coherencia e calidade das normas e actos públicos para que, entre outras cousas, poidan ser entendidos e aplicados”, matiza o defensor.
As xornadas contarán con relatores procedentes das diferentes administracións, do ámbito académico, do Ombudsman europeo e de institucións galegas. Ademais celebrarase unha mesa redonda coordinada polo periodista galego Xabier Fortes, na que se debatirá acerca do acceso por parte dos cidadáns e medios de comunicación á información pública.
FICHA TÉCNICA
O Valedor do Pobo e a Escola Galega de Administración Pública celebrarán os días 13 e 14 de novembro un curso monográfico que terá como finalidade o estudo e análise da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e a súa implementación nas Administracións públicas.
Esta actividade vai destinada aos empregados das Administracións públicas de Galicia, ao persoal ao servizo da Administración institucional e a interesados en xeral.
Neste curso falarase de quen debe controlar a transparencia, do acceso aos documentos administrativos, da simplificación das institucións políticas e administrativas ou do presente e futuro da transparencia, entre outros temas.
Datas: 13 e 14 de novembro
Horario: día 13 mañá e tarde, día 14 mañá
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
Inscrición: en http://egap.xunta.es/matricula ata o 12 de novembro ás 12 horas
Máis información: https://www.valedordopobo.gal y http://egap.xunta.es/fichaxornada/index/8063
Descarga de programa íntegro:https://www.valedordopobo.gal?o=downloads&i=593&t=document
The comments are closed.