O Valedor participa nunha xornada da USC sobre alcohol e drogodependencia en adolescentes

10 Novembro, 2014 Dereitos, Eventos, Menores

José Julio Fernández presidirá o acto de apertura da Xornada “Consumo de alcohol e prevención de drogodependencias en adolescentes. Novas claves e novos retos” que se celebra na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago o próximo 14 de novembro.

Información e programa

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2014. O valedor do pobo, José Julio Fernández Rodríguez, presidirá o acto de apertura o próximo venres da xornada “Consumo de alcohol e prevención de drogodependencias en adolescentes. Novas claves e novos retos” que se celebra na Facultade de Psicoloxía de Santiago. O seminario, que se desenvolve durante toda a xornada,  contará coa participación de expertos de diferentes países e institucións que proporcionarán boas referencias do que se está facendo neste campo. Tamén se dará voz aos profesionais que traballan con persoas afectadas por estas adiccións, para que compartan as súas experiencias ao respecto e plantexen liñas de traballo para conseguir atallar esta lacra social.

A xornada desenvolvese no marco do proxecto de investigación financiado polo Plan Nacional sobre Drogas titulado “Modelización do consumo abusivo de alcohol en adolescentes: variables predictoras, comorbilidade, perfís de risco e validación dun programa de prevención”.

A iniciativa conta coa colaboración do Valedor do Pobo, a Consellería de Sanidade, a Universidade de Santiago e o Plan Nacional sobre Drogas.

Información e programa

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal