O Valedor organiza a xornada: “A incidencia nos menores da violencia no entorno familiar”

21 Novembro, 2014 Dereitos, Eventos, Menores, Muller, Violencia de xénero

O Valedor organiza este venres no Parlamento de Galicia a xornada: “A incidencia nos menores da violencia no entorno familiar”. O acto forma parte do conxunto de actuacións desplegadas pola área de muller do Valedor cada 25 de novembro co obxectivo de recordar a necesidade de reforzar as políticas de protección das mulleres víctimas dalgún tipo de violencia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014. O Valedor do Pobo organiza este venres, 21 de novembro, no Parlamento de Galicia (Salón dos Reis) a Xornada Formativa A incidencia nos menores da violencia no contorno familiar convocada pola defensoría en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia) e o Parlamento de Galicia, con motivo da conmemoración, o próximo 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O acto forma parte do conxunto de actuacións desplegadas pola área de muller do Valedor cada ano por estas datas co obxectivo de recordar a necesidade de reforzar as políticas de protección das mulleres víctimas dalgún tipo de violencia.

Neste caso o foco ponse nos menores que tamén sofren a violencia de xénero. A exposición a esta violencia ten un evidente impacto negativo na súa vida, benestar e desenvolvemento. Vivir nunha familia onde un dos proxenitores é maltratado polo outro significa a exposición a situacións de opresión e control e a un modelo de relación baseado no abuso de poder e a desigualdade.

É importante coñecer as consecuencias que a exposición á violencia de xénero ten sobre os e as menores na súa maduración persoal, no seu desenvolvemento físico, na detección de trastornos psicolóxicos, de conduta ou cognitivos, no seu rendemento e adaptación escolar, para identificar canto antes os posibles casos e garantir a súa atención.

O traballo cos nenos e nenas que conviven coas agresións e os abusos no seu fogra esixe o coñecemento das posibles implicacións psicolóxicas e a coordinación de todas as persoas e organismos comprometidos na loita contra a violencia de xénero. A este obxectivo vai dirixida esta xornada de formación.

FICHA TÉCNICA:

Horario: A xornada aberta a todas as persoas interesadas (previa inscrición) celebrarase en horario de mañá entre as 11 e as 14 horas do día 21.

Asistentes: Están dirixidas a persoas que traballen con menores e en contacto directo coas mulleres maltratadas. Tamén están abertas a equipos de orientadores, sanitarios, responsables de políticas públicas de menores, muller e familia, oenegués, deputados e deputadas e calquera persoa sensibilizada con estas cuestións.

Información e programa: https://www.valedordopobo.gal?s=175&i=139

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal