O valedor, José Julio Fernández, analiza a figura do “ombudsman” en España no seu libro “Defensorías do pobo en España: unha visión prospectiva”

05 Marzo, 2015 Institución, Novas

O actual titular do Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, realiza unha análise prospectiva da figura do “ombudsman” en España no seu último libro sobre estas cuestións: “Defensorías do pobo en España: unha visión prospectiva”. Parte fundamental do escrito garda relación cos retos de futuro aos que se enfrontan as defensorías do pobo españolas e os mecanismos que é preciso activar para manter a súa efectividade. Na propia introdución do manual, José Julio Fernández xa realiza unha mostra de intencións ao manifestar: “Estamos convencidos de que este tipo de órganos desempeña unha función que mellora a calidade democrática dunha sociedade, polo que somos firmes partidarios dos mesmos, sempre que respondan a un correcto deseño e actúen co firme compromiso de independencia e autonomía”.

Como recolle nas súas liñas iniciais a obra, a garantía institucional dos dereitos humanos aconsella a existencia de figuras como os defensores. A publicación senta a súa base na realidade española e no seu sistema de democracia parlamentaria.

A obra foi editada polo servizo de publicacións da universidade de Alcalá de Henares, e forma parte da colección Cuadernos de la Cátedra de Democracia y Derechos Humanos.

Referencia da Obra

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, José Julio. Defensorías del pueblo en España: una visión prospectiva / José Julio Fernández Rodríguez. — Alcalá de Henares, Madrid : Universidad de Alcalá, Servizo de Publicacións ; [Madrid] : Defensor del Pueblo, D.L. 2014. — 178 p. ; 24 cm. — (Cadernos da Cátedra de Democracia e Dereitos Humanos ; 11). — ISBN 978-84-16133-46-8. — (Sig. 25908, 25909).

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal