O Valedor do Pobo solicitou a súa adhesión a esta entidade que ten por obxectivo unificar esforzos na defensa dos dereitos idiomáticos das persoas en todo o mundo.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2014. O Valedor do Pobo mantén contacto dende principios de este ano cos representantes da International Association of Language Commisioners-IALC (Asociación Internacional de Comisarios de Lingua) co fin de formar parte desta entidade, constituída oficialmente o pasado mes de marzo, como membro de pleno dereito. Antes de que acabe o ano remitirá aos responsables da entidade toda a documentación necesaria para solicitar o ingreso na mesma, que se valorará no próximo encontro anual da asociación, previsto para maio de 2015.
A IALC foi constituída coa misión de defender e avanzar nos dereitos lingüísticos, a igualdade e a diversidade en todo o mundo. Esta organización pioneira tamén serve para ofrecer soporte profesional aos comisionados que defenden estos principios en cada un dos territorios poñendo todas as ferramentas e experiencias rexistradas ao servizo do uso dos idiomas propios.
Representantes de Canadá, Irlanda, Bélgica, Kosovo, Finlandia, Sudáfrica e Sri Lanka forman parte da asociación, da que tamén é membro fundador o Síndic de Greuges, o defensor catalán. Precisamente o Valedor do Pobo colabora estreitamente cos seus homólogos catalán e vasco na defensa dos dereitos lingüísticos dos cidadáns e son habituais os foros nos que as tres defensorías comparten as súas inquietudes.
Para o ombudsman galego a defensa dos dereitos lingüísticos constitúe un dos seus obxectivos primordiais. Manter a afondar nos modelos lingüísticos actuais da comunidade e traballar nunha boa convivencia idiomática e uso dos idiomas cooficiais en todos os terreos da administración constitúen os seus principais propósitos neste terreo. Como alto comisionado parlamentario o Valedor investiga e resolve, determina e realiza recomendacións cada ano co fin de responder ás queixas ciudadáns ao respecto de posibles vulneracións dos seus dereitos lingüísticos, aspecto este último, co que da cumplimento a un dos requisitos básicos esixidos para formar parte da IALC.
The comments are closed.