O Valedor do Pobo, conferenciante en Ferrol con motivo do XXXVI aniversario da Constitución

04 Decembro, 2014 Derechos, Dereitos, Eventos, Institución, Institución

José Julio Fernández protagonizará o acto principal organizado polo Concello de Ferrol para conmemorar o aniversario da Constitución Española cunha conferencia titulada: “Dereitos humanos, dereitos fundamentais, dereitos constitucionais”.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014. O valedor do pobo, José Julio Fernández, pronunciará este venres en Ferrol (20 horas no salón de recepcións do palacio municipal) a conferencia: “Dereitos humanos, dereitos fundamentais, dereitos constitucionais” con motivo da conmemoración, por parte do concello do XXXVI aniversario da constitución española.

O titular da defensoría foi invitado como experto en dereito constitucional, dada a súa traxectoria académica e a súa experiencia durante os últimos anos ao fronte da institución do Valedor do Pobo, comisionada do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns.

Acto na Delegación do Goberno

Pola mañá, José Julio Fernández desplazarase ata A Coruña para participar no acto institucional convocado con todas as autoridades autonómicas e estatais pola Delegación do Goberno con motivo da celebración do aniversario da Carta Magna.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal