O Valedor comparte consternación polo falecemento da policía de Vigo

29 Novembro, 2014 Derechos, Dereitos, Muller, Novas, Seguridade viaria

O alto comisionado parlamentario valora a vocación de servizo tanto de Vanessa Lage que faleceu no atraco como do seu compañeiro ferido.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2014. O Valedor do Pobo, José Julio Fernández, comparte a consternación de toda a sociedade galega tras o falecemento en Vigo da policía Vanessa Lage nun atraco a unha entidade bancaria. Neste día de loito para as forzas de seguridade transmite unha mensaxe de solidaridade a todos os membros do corpo e valora a impresionante vocación de servizo tanto da falecida como do seu compañeiro ferido na mesma operación.

José Julio Fernández manda as súas condolencias á familia e amigos da falecida e envíalles alento para sobrelevar este duro transo.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal