DISCURSO DA VALEDORA DO POBO MARÍA DOLORES FERNÁNDEZ GALIÑO NA SUA TOMA DE POSESIÓN

30 Agosto, 2019 Institución, Novas, Novas

(Parlamento de Galicia, 2 de agosto de 2019)

Presidente da Xunta de Galicia, Presidente do Parlamento de Galicia, Membros da Mesa do Parlamento de Galicia, Delegado do Goberno en Galicia, Ex Valedora e ex Valedores do Pobo de Galicia, Alcalde en funcións do Concello de Santiago, Xeneral Xefe da Forza Loxística Operativa, Vicepresidente da Xunta de Galicia, Presidente en funcións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Fiscal Superior de Galicia, Portavoces do Parlamento de Galicia, Senadora e Senador, Deputadas e Deputados do Congreso e do Parlamento de Galicia, autoridades e representacións, señoras e señores, familiares, amigas e amigos.

Agradezo ás persoas e institucións a confianza depositada na miña persoa para o meu nomeamento como Valedora do Pobo.

A Valedoría do Pobo, como Alta Comisionada do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos recoñecidos ás persoas na Constitución Española de 1978 e no Estatuto de Galicia de 1981, é unha institución que aúna un coñecemento profundo dos dereitos individuais e colectivos de índole constitucional e estatutario, ca vocación de servizo á cidadanía na procura dos seus dereitos fundamentais.

Nun sistema democrático tódalas institucións deben tender a ese fin de recoñecemento, tutela e promoción dos dereitos das persoas. Pero cando tódolos trens xa pasaron, a Valedoría do Pobo e o derradeiro tren, especialmente para as persoas máis desfavorecidas, pois quenes están en situación de pobreza, ou en risco de exclusión social, en situación de trata, discriminados ou marxinados, non sempre dispoñen dos medios para coñecer ou exercer os seus dereitos fundamentais.

O combustible dese tren non pode ser outro que os dereitos que con vocación universal recoñocen a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia, en liña cas declaracións, convenios e pactos internacionais de dereitos humanos.

Galicia ten un riquísimo patrimonio cultural e lingüístico que precisamente cristaliza no dereito humano básico da cidadanía galega ao disfrute e promoción da nosa cultura e da nosa lingua.

Asumo o compromiso de traballar pola cidadanía galega, dentro do ámbito das miñas funcións, facendo do feminismo a seña de identidade da institución; de loitar contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións; contra o acoso moral, laboral e escolar; contra as formas contemporáneas de escravitude; contra tódalas formas de discriminación; atender ás persoas máis desfavorecidas, emigrantes retornados e personas inmigrantes; de promovelos dereitos dixitais das persoas; o dereito fundamental a institucións fortes e sólidas; e o dereito ao medio ambiente e a sustentabilidade.

A Comisión Europea para a Democracia a través do Dereito (a Comisión de Venecia) destaca que o Defensor do Pobo supón un elemento importante dun Estado baseado na democracia, no Estado de Dereito, no respeto aos dereitos humanos e liberdades fundamentais e bo goberno.

É unha institución que desenvolve o seu labor supervisando a actividade da Administración e ditaminando, propoñendo, facendo recomendacións, suxerencias, ou mediando. É unha institución con carácter aberto dende o punto de vista da transparencia e da accesibilidade dos cidadáns, o que fai necesaria unha labor de divulgación e impulso para dar a coñecer o funcionamiento interno da institución e o alcance dos dereitos, pois só aquilo que se coñece pódese exercer ou reclamar.

As relacións da Valedora do Pobo cas outras instituciós realízanse con lealdade institucional; as institucións deben aceptar a crítica nun sistema transparente que rinde contas ao pobo e tamén, pola sua banda, a Valedora do Pobo rendirá contas informando ao Parlamento sobre as actividades da institución como mínimo unha vez o año, e sempre desenvolverá a súa actividade con transparencia.

Neste sentido, os Obxectivos de Despregamento Sustentable de Nacións Unidas, Axenda 2030, establecen como un deses obsectivos o fortalecemento das institucións a través da transparencia, bo goberno, rendición de contas, participación da cidadanía, e combater a corrupción. Obxectivos que como non pode ser doutro xeito inspirarán o funcionamento da Valedoría do Pobo.

Así pois o meu compromiso é traballar nos vindeiros 5 anos pola cidadanía galega dende a institución da Valedoría do Pobo, o que, como xa dixen e volvo a reiterar, constitúe para min unha honra e unha gran responsabilidade que afronto con paixón, vocación e profesionalidade.

Moitas grazas.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal