Dicurso da Valedora do Pobo na entrega do premio Meninas 2019

29 Novembro, 2019 actualidade, Novas

 

As miñas primeiras palabras deben de ser de agradecemento á Delegación de Goberno, e á persoa de Javier Losada, por este recoñecemento tan especial que me chega só por facer o que, como Valedora do Pobo, debo facer en defensa dos dereitos das persoas.

 

Non basta con condenar a violencia de xénero. Con esa simple condena estariamos nun nivel de abstracción no cal esqueceríamos as vítimas. Deberían ser agora nomeadas todas e cada unha das que foron asasinadas, no ámbito da parella ou ex parella, e tamén fóra dese ámbito que as nosas leis aínda non protexen como violencia de xénero. Tamén se deberían escoitar as historias de   todas as vítimas de delitos sexuais, de trata de persoas con fins de explotación sexual, ou máis amplamente de discriminación por razón de sexo, por embarazo ou maternidade, ou por discriminación múltiple de mulleres con discapacidade ou de mulleres maiores, ou de mulleres de minorías. Ao elaborar un discurso colectivo visibilízase o alcance real da violencia e desigualdade como paso previo a implicarnos todos, homes e mulleres, na súa erradicación.

 

A Valedoría do Pobo está comprometida nese labor de visibilización e erradicación da desigualdade, e esta Valedora seguirá traballando invocando o Feminismo como sinal de identidade do seu mandato.

 

Moitas grazas.

 

 

 

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal