A muller debe ser considerada unha parte esencial da sociedade en igualdade co home. A cosificación da muller é un grave atentado contra a súa dignidade que debe ser evitado porque denigra á sociedade no seu conxunto.
O Día internacional da eliminación da violencia contra a muller é unha data óptima para lembrar á sociedade o compromiso e apoio decidido da institución do Valedor do Pobo coas mulleres vítimas de violencia de xénero e cos menores, vítimas moitas veces menos visibles desa violencia, cuxo desenvolvemento persoal vese truncado polas agresións presenciadas ou recibidas.
Unha sociedade xusta non pode pechar os ollos ante esta situación. Por iso, neste día tan sinalado como valedora do pobo quero expresar o meu firme compromiso na protección das mulleres e menores vítimas de violencia de xénero, das persoas máis vulnerables, aquelas cuxos dereitos ven menoscabados, cuxa dignidade debe ser defendida e protexida.
Unha vez máis, alzamos a voz, para darlla ás persoas que a teñen inaudible porque elas deben estar presentes no noso traballo como vítimas inocentes dun mal trato que denigra a quen o infrinxe e a quen o consente.
Milagros Otero Parga
Valedora do Pobo
The comments are closed.