Hoxe conmemórase o aniversario da Declaración Universal de Derechos Humanos.
Declaración do Valedor do Pobo con motivo da Conmemoración do Día Internacional dos dereitos humanos.
Os dereitos humanos son a fonte de lexitimación das institucións políticas e sociais. A dignidade da persoa esixe que se recoñezan un conxunto de dereitos que as persoas teñen pola súa propia condición. Desta forma, é necesario que o ordenamento xurídico prevea a súa existencia e, ademáis, articule mecanismos de garantía eficaces.
No momento actual son múltiples os retos que se alzan ante os dereitos humanos: o mundo dixital, a crise económica, as esixencias medioambientais, a transparencia e a boa administración, a protección dos grupos necesitados, as amenazas de seguridade, ou os problemas do multiculturalismo. Esperemos que sexamos capaces de superar tales retos e ofrezamos ás xeracións futuras un horizonte optimista neste campo.
Neste día 10 de decembro, no que commemoramos a aprobación nas Nacións Unidas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, como Valedor insto aos poderes públicos e á sociedade a que protexan tales dereitos todos os días do ano. Ese é o noso compromiso coas persoas, sobre todo coas máis desfavorecidas.
The comments are closed.