Cuestión urbanísticas e fenda dixital, prioridades da Valedora do Pobo e concellos.

18 Marzo, 2022 actualidade, Novas, Novas

Na xuntanza celebrada hoxe na sede da Fegamp, por mor do concenio suscrito entre ambas institucións, os  Concellos e Valedora do Pobo poñen en común os procedementos e condicionantes no desenvolvemento das súas respectivas competencias e  detectan os principais puntos de mellora no servizo á cidadanía.

 

No seo dun coloquio organizado pola Fegamp e a Alta Comisionada para a defensa dos dereitos dos galegos e galegas, destacáronse dificultades relacionadas co eido urbanístico, como as vivendas baleiras ou ocupacións do espazo público, a limpeza de fincas, as formas de relación da cidadanía coa administración e os problemas vinculados ás novas tecnoloxías como a falla de conectividade ou redes sociais.

 

Este encontro forma parte das iniciativas acordadas no convenio para estreitar a colaboración entre as administracións locais e a Valedora do Pobo. Tanto o vicepresidente da Federación, Alfonso Villares, como a Valedora, Mª Dolores Fernández,  destacan a participación e bidireccionalidad do encontro, participado presencial ou telemáticamente por medio centenar de alcaldes e alcaldesas e as técnicas da institución autonómica.

 

As conclusións desta primeira xuntanza servirán para mellorar protocolos de actuación e abrir novas vías de traballo.

 

Ademais deste tipo de accións, o devandito convenio contempla o intercambio de información como resolucións, memorias, etc e outra serie de actuacións dirixidas a acadar para a cidadanía a máxima efectividade e transparencia na defensa do seu benestar e interese.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal