Santiago de Compostela a 16 de Setembro de 2019
A Valedora do Pobo expresa a súa condena e rexeitamento polos asasinatos de tres mulleres en Valga, Pontevedra. Traslada as súas sentidas condolencias, solidariedade e apoio á familia.
Sucesos como este crean unha profunda consternación e producen un sentimento absoluto de rexeitamento social, ao que nos sumamos todos os traballadores desta Institución.
The comments are closed.