A Valedora do Pobo expresa a súa condena e rexeitamento polo asasinato de Mónica Marcos, e traslada as súas sentidas condolencias, solidariedade e apoio á familia.
Sucesos coma este crean unha profunda consternación e producen un sentimento absoluto de repulsa social, ao que nos sumamos todas as traballadoras e traballadores desta Institución.
Compre lembrar que un crime destas características é a consecuencia extrema -e moitas veces, previsible- da situación estrutural e global que constitúe a violencia machista.
Mónica Marcos fai o número 35 de vítimas mortais por esta causa, pero non é unha máis. É tan única e especial como as outras 1.112 asasinadas desde o 1º de xaneiro de 2003, data desde a que temos rexistros, até hoxe.
E compre tamém lembrar que non debemos esquecer as fillas e fillos que son vítimas de violencia vicaria.
The comments are closed.