A valedora do pobo, Milagros Otero, visitou onde a cidade de A Coruña, no marco da serie de saídas programadas para achegarse á cidadanía galega nos seus lugares de residencia. A visita arrincou cunha recepción no Pazo Municipal onde a valedora e o alcalde herculino, Xulio Ferreiro, puideron falar de asuntos que se atopan na axenda da institución. A presenza da valedora coincidiu coa conmemoración do Día Internacional para a erradicación da violencia contra a muller, aspecto que aproveitou Milagros Otero para afirmar publicamente que é preciso traballar con todos os medios existentes en prol dos dereitos das mulleres que nunca poden ser tratadas como obxectos.
Xa pola tarde, a valedora do pobo desprazouse ao Centro Cívico de Os Mallos, onde medio centear de representantes de entidades sociais, veciñais e culturais puideron achegarlle as súas dúbidas respecto da institución e expor algúns dos problemas que lles afectan. Hoxe mesmo a valedora do pobo activou os seus mecanismos para tratar de dar resposta a algunha das súas demandas.
The comments are closed.