O Congreso dos Deputados de España aprobou onte, 15 de outubro, por unanimidade, prohibir as esterilizacións forzosas de mulleres con discapacidade. Trátase dunha práctica, ata o de agora legal, que constituía unha seria anomalía en materia de dereitos humanos das persoas con discapacidade dada a ratificación, por España, da Convención dos dereitos das persoas con discapacidade de Nacións Unidas (2006).
A Institución da Valedora do Pobo solicitara a erradicación desta práctica, considerándoa unha reforma inaprazable, pois supoñía unha discriminación múltiple polo feito de ser muller e discapaz.
Congratulámonos de que vaia desaparecer. Pero aínda se deben reclamar ao Poder lexislativo algunhas reformas igualmente inaprazables para loitar contra outras manifestacións de discriminación múltiple, pois as mulleres con discapacidade sofren en superior proporción a violencia de xénero, ou están máis afectadas polo paro. A normativa regulamentaria sobre valoración da discapacidade segue esquecendo enfermidades feminizadas como a fibromialxia. Queda, en suma, moito camiño por andar, e os avances alcanzados non deben conducir á autocompracencia.
The comments are closed.