Comunicado da Valedora do Pobo no Día Internacional da Muller y da Nena na ciencia.

11 Febreiro, 2021 actualidade, Novas, Novas

No Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a Valedora do Pobo engádese ás persoas, institucións e administracións que apoian o traballo a prol da ciencia e a igualdade de xénero como elementos esenciais para acadar os obxectivos do desenvolvemento sustentable da Axenda 2030.  É preciso que os poderes públicos promovan todas as actuacións necesarias para garantir a igualdade de oportunidades das mulleres e das nenas nos programas e accións públicas de apoio á formación e a investigación científica, e a súa promoción profesional sen discriminacións por razón de xénero.

A Valedora do Pobo amosa o seu compromiso con todas as accións e medidas dirixidas a aumentar os recursos e atraer e reter talento, especialmente, nas políticas públicas e privadas que promoven a igualdade efectiva das mulleres e dos homes na investigación científica e na evolución tecnolóxica. Atraer e reter o talento das mulleres na ciencia pasa por eliminar as fendas e remover os obstáculos na carreira profesional, impulsando un sistema de ciencia e tecnoloxía que configure a “custe cero” as opcións a prol da maternidade e da corresponsabilidade.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal