As mulleres rurais, segundo a Organización de Naciones Unidas, conforman unha cuarta parte da poboación mundial, traballando como agricultoras, asalariadas e empresarias; labrando a terra e plantando a semente que alimenta a nacións enteiras, garantindo a seguridade alimentaria de súa poboación e a redución da pobreza. Non obstante continúan enfrontando desafíos que inclúen sistemáticas e persistentes barreiras o pleno goce dos seus dereitos.
Consecuencia do anterior, estas mulleres sofren unha dobre discriminación: unha como mulleres e outra por rurais que se manifestan en barreras estruturais e as normas sociais discriminatorias que continúan limitando o poder da muller rural na participación política dentro da comunidade. A súa labor é invisible e decote non remunerada pese o aumento e endurecemento de tarefas debido a migración dos homes. Mundialmente, e con poucas excepcións, tódolos indicadores de xénero e desenvolvemento amosan que a muller rural se atopa en peores condicións que os homes do campo e as mulleres urbanas.
Por todo o dito, non podemos deixar pasar este día sen reivindicar e sumarnos a todas aquelas organizacións e asociacións que, coma nos, defenden a situación da muller no rural e loitan por seu empoderamento e visibilidade do seu traballo aumentando o recoñecemento social e institucional destas mulleres condensado nos seguintes puntos:
-A prevención de tódalas formas de violencia contra as mulleres incluíndo a violencia familiar, a trata e o traballo forzado.
-O acceso a educación de calidade, os servizos de saúde, as oportunidades laborais, e o acceso á terra e o crédito.
-A mellora no acceso as TICS. A brecha dixital entre o mundo rural e urbano prexudica profundamente as posibilidades de auto emprego e emprendemento das mulleres que viven no rural, converténdose o tele traballo case nunha utopía que conleva, tamén, a redución das posibilidades de éxito para esas mulleres emprendedoras.
E como fin ultimo de todo o anterior, lograr a significativa participación na vida pública e política a tódolos niveis das nosas Mulleres do Rural.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2020
The comments are closed.