Comunicado da Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, polo Día das Letras Galegas.

17 Maio, 2021 actualidade, Novas, Novas

En 2021 a Real Academia Galega dedica o Día das Letras á escritora Xela Arias, sexta muller merecedora desta homenaxe na súa 59ª edición. A celebración está a ser moi intensa e reflicte a simpatía por unha poeta que finou moi nova, deixando unha forte pegada de innovación e creatividade.

 

Desde a institución da Valedora do Pobo sumámonos, con ledicia, a este recoñecemento, sen esquecer a homenaxe de cada día que supón a lectura do inxente caudal creativo que Galicia produciu e produce, apoiando á nosa cultura como patrimonio de toda a sociedade.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal