Comunicado 8 de marzo da Valedora do Pobo “COLOCAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO NO CORAZÓN DA RECONSTRUCIÓN”.

07 Marzo, 2021 actualidade, Novas, Novas

A crise da Covid-19 puxo de relevo a importancia fundamental da contribución das mulleres en primeira liña na loita contra a pandemia. Paradoxalmente, están infra representadas nos espazos de decisión relacionados coa Covid-19.

Esta crise tamén trouxo novos obstáculos que se suman aos de carácter social e  sistémico que aínda persisten e que frean a participación, o empoderamento e o liderado das mulleres. Ademais, en todo o mundo, as mulleres enfróntanse a un aumento da violencia de xénero, ás tarefas de coidados non remunerados, ao desemprego e á pobreza.

A Organización de Nacións Unidas propuxo como lema da celebración do día 8 de marzo de 2021: “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”.

Con este lema celébranse os enormes esforzos que realizan mulleres e nenas en todo o planeta para forxar un futuro máis igualitario e recuperarse da pandemia. Mais tamén se pon o acento no dereito das mulleres á toma de decisións en todas as esferas da vida, á igual remuneración, á distribución equitativa dos coidados e do traballo doméstico non remunerados, ao fin de todas as formas de violencia contra as mulleres e nenas e a uns servizos de atención da saúde que respondan ás súas necesidades.

E porque a pandemia do Covid-19 pon en risco o nivel de igualdade de xénero alcanzado con anterioridade, tras moito esforzo, e aparecen novos obstáculos, pode ser tamén unha oportunidade de mellora se os poderes públicos introducen a perspectiva de xénero no corazón da reconstrución.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal