COMUNICADO 8 DE MARZO da Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño: “Grazas ao compromiso de todos os homes e as mulleres das novas e vellas xeracións, continuaremos avanzado na igualdade”.

05 Marzo, 2020 actualidade, Muller, Novas

 

 

Hai 25 anos a IV Conferencia Mundial de las Mujeres, celebrada en Pequín, elaborou un ambicioso programa de empoderamento das mulleres que marcou o rumbo da política internacional e das políticas internas dos países. España e Galicia sumáronse a ese propósito e aprobaron leis pioneiras sobre a igualdade de xénero, sobre o traballo en igualdade e sobre a protección contra a violencia de xénero.

 

Desde entón, naceu e formouse unha nova xeración de mulleres e homes cuns niveis de igualdade de xénero ata o de agora nunca alcanzados na Historia. Pero ao mesmo tempo son avances aínda lentos que non permiten  albiscar a curto prazo a consecución do obxectivo.

 

Neste contexto dunha tarefa inacabada, a Organización de Nacións Unidas propuxo como lema da celebración do día 8 de marzo de 2020: “Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres”.

 

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal