COMUNICADO 28 DE MAIO – DÍA INTERNACIONAL DE ACCIÓN POLA SAÚDE DAS MULLERES – VALEDORÍA DO POBO

27 Maio, 2020 actualidade, Novas, Novas

Segundo a Organización Mundial da Saúde, a saúde é o estado de completo benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de enfermidade. Inciden na saúde as diferenzas biolóxicas entre os sexos, e a maternidade das mulleres. Pero tamén o fan as normas sociais, as decisións políticas e o nivel de progreso social, económico e cultural, e todos eles poden conter patróns de discriminación por xénero..

 

Por mor desas diferenzas biolóxicas e sociais, a pandemia que sufrimos sacou á luz necesidades específicas da saúde das mulleres: a situación de mulleres embarazadas, parturientes ou lactantes contaxiadas ou en risco de contaxio, e a súa incidencia na saúde do feto ou recentemente nado; as dificultades de denuncia da violencia contra as mulleres; os delitos sexuais en rede contra as mulleres; a conciliación nunha contorna de confinamento e a tensión adicional que trae consigo; a diminución de recursos económicos en sectores feminizados xa de seu economicamente débiles (empregadas de fogar, camareiras de hotel); ou a prevención da saúde en profesións feminizadas en primeira liña de loita contra a pandemia (médicas e sanitarias, coidadoras, limpadoras).

 

A Valedora do Pobo fai un chamamento, coincidindo co 28 de maio como día de acción para a saúde das mulleres, para que as situacións anteriores sexan consideradas polos poderes públicos e por toda a sociedade coa finalidade de promover  a saúde das mulleres.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal