COMUNICADO 23 DE SETEMBRO  – VALEDORÍA DO POBO .

23 Setembro, 2020 actualidade, Menores, Muller, Novas, Novas

A trata de mulleres, nenas e nenos con fins de explotación sexual é unha das manifestacións máis crueis de violencia de xénero, un atentado á dignidade das mulleres e un ataque aos dereitos humanos.

 

Aínda que se trata dunha práctica incompatible cos valores democráticos dunha sociedade avanzada como son a galega e a española, o tratamento legal e a súa aplicación sofre carencias. Non están tipificados os delitos de escravitude ou servidume, a protección das vítimas está condicionada á denuncia e ao resultado do proceso penal, e deberíase  mellorar o marco de actuación na loita contra estas secuelas.

 

Hai máis de 100 anos, o 23 de setembro de 1913, promulgouse en Arxentina a Lei Palacios, pioneira na loita contra a prostitución infantil. Con ocasión desa data, día internacional contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres, nenas e nenos, a Valedora do Pobo fai un chamamento á sociedade enteira para que manifeste o seu rexeitamento a esas prácticas e ás institucións competentes para que actúen para erradicalas.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal